chamamento
chamamento
(< chamar)
-
s
m
Acción de apelar á conciencia ou aos sentimentos das persoas para que fagan o que se pide, tomen conciencia dun problema ou adopten unha actitude determinada.
Ex: O chamamento aos veciños axiña fixo efecto, xa que ó pouco tempo estaban todos mobilizados. O político fixo un chamamento público á cidadanía.
Sinónimos: chamada. Confrontacións: demanda, petición, demanda. -
s
m
[DER]
Convocatoria legal que se fai das persoas ou familias para unha herdanza ou sucesión co fin de que mostren ou non a súa conformidade.
Ex: O notario fixo o chamamento dos herdeiros da rica viúva.