chamar

chamar

(

  1. v t
    1. Facer que unha persoa ou un animal atenda ou acuda ao pronunciar o seu nome en voz alta, ao facerlle xestos, ruídos, exclamacións ou outros acenos. Na tradición oral recóllense ditos como: “A onde non te chamen non vaias, que se non te chamaron é que non facías falla. Non chamo a vella, que chamo a que vai con ela. Onde non te chamen non te metas. Se a onde non te chaman vas, avergonzado volverás.”

      Ex: O can non lle obedeceu ata que o chamou cun asubío. Por máis que o chamei, non me contestou. OBS: Pode empregarse seguido da preposición por (Chamou polo rapaz para lle levara de comer).

    2. Comunicarse ou tentar comunicarse con alguén a través do teléfono.

      Ex: Díxenlle que me chamara ó meu móbil. Chamaban o pai todos os días. OBS: Pode empregarse seguido da preposición por (Foi chamar por teléfono).

      Sinónimos: telefonar.
    3. Facer, utilizando o medio establecido para ese fin, que unha persoa acuda ou se presente nun lugar determinado.

      Ex: As campás chamaban a xente á misa. Chegoulle unha citación xudicial que o chamaba a declarar no xuízo. Telefonei para chamar unha ambulancia. Chamaron a filas os militares da reserva.

    4. Accionar o botón que pon en funcionamento o mecanismo dun ascensor.

      Ex: Vai saíndo ti e chama o ascensor.

    5. Espertar a alguén a unha hora determinada para que se erga.

      Ex: Pediulle que o chamara ás sete e media.

  2. v t

    Pedirlle axuda a alguén verbal ou mentalmente.

    Ex: A dor era moi grande e chamou toda a noite por Deus.

    Confrontacións: apelar, invocar.
  3. v t
    1. Aplicarlle un nome ou un sobrenome a alguén ou a algo. OBS: Constrúese cun pronome de dativo (

      Ex: Chamábanlles os do Roxo), aínda que tamén admite un pronome de acusativo (Ex: Cando naceron os dous xemelgos chamáronos Pedro e Xoán).

    2. Aplicarlle a alguén un cualificativo que exprese algún tipo de sentimento. OBS: Constrúese cun pronome persoal de dativo (

      Ex: Chamoulle gordo e non lle gustou nada), aínda que tamén admite un pronome persoal de acusativo (Ex: Chamouno parvo máis dunha vez).

  4. v t

    Guiar un animal de tiro polo lugar axeitado cando se traballa con el.

    Ex: Chamaba mal os bois e os regos saíanlle tortos.

  5. v t

    Designar a alguén para ocupar un cargo ou contar cunha persoa para realizar un traballo.

    Ex: O conselleiro chamouno para ocupar o posto de director xeral. Chamouno para realizar a complicada operación.

  6. v t

    Exercer unha cousa atracción sobre unha persoa, animal ou sobre outra cousa.

    Ex: Sempre oín que os cartos chaman os cartos. O mel chama as moscas. A aventura chama os aventureiros.

    Sinónimos: atraer.
  7. v t

    Pedir unha cousa outra que lle vai. OBS: Constrúese seguido da preposición por.

    Ex: Este asado chama por un bo viño tinto. O pantalón novo chámache por uns zapatos menos rotos.

  8. v i

    Dar golpes nalgún sitio ou accionar algún mecanismo para pedir permiso para entrar ou para que abran.

    Ex: Chamei tres veces á porta pero ninguén me escoitaba. Chamou ó timbre e xa lle abriron.

    Confrontacións: petar.
  9. v i

    Causarlle atracción a alguén unha cousa ou unha persoa. OBS: Normalmente emprégase en enunciados negativos.

    Ex: Non me chaman nada as festas do verán.

    Sinónimos: atraer, chistar, gustar, tirar.
  10. v pron
    1. Ter por nome ou apelido o que se expresa.

      Ex: Isto chámase roca e aquilo fuso. De nome chámase Carme e de apelido, Vázquez.

    2. Ter por título.

      Ex: O artigo chámase “O amor nos cancioneiros medievais”.

Frases feitas

  • Chamar a par de si/chamar (levar) Deus a un/chamar Deus para si a alguén. Morrer.

  • Chamarse Xan da nega. Non ser capaz de cumprir o que se prometera.

  • Chamar adiante. Advertencia que se lle fai á persoa que chama un animal ou animais que están parados para que reanuden un traballo.

  • Chamar catrocentas a alguén/chamarlle de cantas había/chamarlle de todo. Insultar a unha persoa ou darlle unha boa reprimenda.

  • Chamar dereito. Advertencia que se lle fai ao que chama a algún animal para que dirixa con coidado evitando problemas co carro ou co arado.

  • Chamar o cabo. Tirar do cabo cara ao barco ou cara á terra.

  • Chamarlle ao gancho cousa torta. Dicir as cousas tal e como son.

  • Chamarlle aos pés candóns/compadres/compañeiros. Fuxir de forma precipitada.

  • Chamarlle burro ao cabalo. Aplícase a unha persoa que non é tan parva como parece.

  • Chamarse a engano un. Enganarse.

  • Chamarse andaina. Non cumprir co que se prometera.

Conxugar
VERBO chamar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chamo
chamas
chama
chamamos
chamades
chaman
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chamaba
chamabas
chamaba
chamabamos
chamabades
chamaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chamei
chamaches
chamou
chamamos
chamastes
chamaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chamara
chamaras
chamara
chamaramos
chamarades
chamaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chamarei
chamarás
chamará
chamaremos
chamaredes
chamarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chamaría
chamarías
chamaría
chamariamos
chamariades
chamarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chame
chames
chame
chamemos
chamedes
chamen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chamase
chamases
chamase
chamasemos
chamasedes
chamasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chamar
chamares
chamar
chamarmos
chamardes
chamaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
chama
-
-
chamade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
chamar
chamares
chamar
chamarmos
chamardes
chamaren
Xerundio chamando
Participio chamado
chamada
chamados
chamadas