chamar
(
-
v t
-
Facer que unha persoa ou un animal atenda ou acuda ao pronunciar o seu nome en voz alta, ao facerlle xestos, ruídos, exclamacións ou outros acenos. Na tradición oral recóllense ditos como: “A onde non te chamen non vaias, que se non te chamaron é que non facías falla. Non chamo a vella, que chamo a que vai con ela. Onde non te chamen non te metas. Se a onde non te chaman vas, avergonzado volverás.”
Ex: O can non lle obedeceu ata que o chamou cun asubío. Por máis que o chamei, non me contestou. OBS: Pode empregarse seguido da preposición por (Chamou polo rapaz para lle levara de comer).
-
Comunicarse ou tentar comunicarse con alguén a través do teléfono.
Ex: Díxenlle que me chamara ó meu móbil. Chamaban o pai todos os días. OBS: Pode empregarse seguido da preposición por (Foi chamar por teléfono).
Sinónimos: telefonar. -
Facer, utilizando o medio establecido para ese fin, que unha persoa acuda ou se presente nun lugar determinado.
Ex: As campás chamaban a xente á misa. Chegoulle unha citación xudicial que o chamaba a declarar no xuízo. Telefonei para chamar unha ambulancia. Chamaron a filas os militares da reserva.
-
Accionar o botón que pon en funcionamento o mecanismo dun ascensor.
Ex: Vai saíndo ti e chama o ascensor.
-
Espertar a alguén a unha hora determinada para que se erga.
Ex: Pediulle que o chamara ás sete e media.
-
-
v t
Pedirlle axuda a alguén verbal ou mentalmente.
Ex: A dor era moi grande e chamou toda a noite por Deus.
Confrontacións: apelar, invocar. -
v t
-
Aplicarlle un nome ou un sobrenome a alguén ou a algo. OBS: Constrúese cun pronome de dativo (
Ex: Chamábanlles os do Roxo), aínda que tamén admite un pronome de acusativo (Ex: Cando naceron os dous xemelgos chamáronos Pedro e Xoán).
-
Aplicarlle a alguén un cualificativo que exprese algún tipo de sentimento. OBS: Constrúese cun pronome persoal de dativo (
Ex: Chamoulle gordo e non lle gustou nada), aínda que tamén admite un pronome persoal de acusativo (Ex: Chamouno parvo máis dunha vez).
-
-
v t
Guiar un animal de tiro polo lugar axeitado cando se traballa con el.
Ex: Chamaba mal os bois e os regos saíanlle tortos.
-
v t
Designar a alguén para ocupar un cargo ou contar cunha persoa para realizar un traballo.
Ex: O conselleiro chamouno para ocupar o posto de director xeral. Chamouno para realizar a complicada operación.
-
v t
Exercer unha cousa atracción sobre unha persoa, animal ou sobre outra cousa.
Ex: Sempre oín que os cartos chaman os cartos. O mel chama as moscas. A aventura chama os aventureiros.
Sinónimos: atraer. -
v t
Pedir unha cousa outra que lle vai. OBS: Constrúese seguido da preposición por.
Ex: Este asado chama por un bo viño tinto. O pantalón novo chámache por uns zapatos menos rotos.
-
v i
Dar golpes nalgún sitio ou accionar algún mecanismo para pedir permiso para entrar ou para que abran.
Ex: Chamei tres veces á porta pero ninguén me escoitaba. Chamou ó timbre e xa lle abriron.
Confrontacións: petar. -
v i
Causarlle atracción a alguén unha cousa ou unha persoa. OBS: Normalmente emprégase en enunciados negativos.
Ex: Non me chaman nada as festas do verán.
Sinónimos: atraer, chistar, gustar, tirar. -
v pron
-
Ter por nome ou apelido o que se expresa.
Ex: Isto chámase roca e aquilo fuso. De nome chámase Carme e de apelido, Vázquez.
-
Ter por título.
Ex: O artigo chámase “O amor nos cancioneiros medievais”.
-
Frases feitas
-
Chamar a par de si/chamar (levar) Deus a un/chamar Deus para si a alguén. Morrer.
-
Chamarse Xan da nega. Non ser capaz de cumprir o que se prometera.
-
Chamar adiante. Advertencia que se lle fai á persoa que chama un animal ou animais que están parados para que reanuden un traballo.
-
Chamar catrocentas a alguén/chamarlle de cantas había/chamarlle de todo. Insultar a unha persoa ou darlle unha boa reprimenda.
-
Chamar dereito. Advertencia que se lle fai ao que chama a algún animal para que dirixa con coidado evitando problemas co carro ou co arado.
-
Chamar o cabo. Tirar do cabo cara ao barco ou cara á terra.
-
Chamarlle ao gancho cousa torta. Dicir as cousas tal e como son.
-
Chamarlle aos pés candóns/compadres/compañeiros. Fuxir de forma precipitada.
-
Chamarlle burro ao cabalo. Aplícase a unha persoa que non é tan parva como parece.
-
Chamarse a engano un. Enganarse.
-
Chamarse andaina. Non cumprir co que se prometera.
Palabras veciñas
Chamaerops | Chamaespartium | chamamento | chamar | chamariza | Chamartín de la Rosa | chambarIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chamo
chamas
chama
chamamos
chamades
chaman
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chamaba
chamabas
chamaba
chamabamos
chamabades
chamaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chamei
chamaches
chamou
chamamos
chamastes
chamaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chamara
chamaras
chamara
chamaramos
chamarades
chamaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chamarei
chamarás
chamará
chamaremos
chamaredes
chamarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chamaría
chamarías
chamaría
chamariamos
chamariades
chamarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chame
chames
chame
chamemos
chamedes
chamen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chamase
chamases
chamase
chamasemos
chamasedes
chamasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chamar
chamares
chamar
chamarmos
chamardes
chamaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
chama
-
-
chamade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles chamar
chamares
chamar
chamarmos
chamardes
chamaren
chamada
chamados
chamadas