Chambéry

Chambéry

Capital do departamento de Savoia, no Ródano, Francia, drenado polo río Leysse (54.120 h [1990]). As industrias química, cristaleira e de materiais de construción son a base da súa economía. Foi capital do condado e posterior ducado de Savoia desde 1232 ata 1562, ano no que a capitalidade pasou a Turín, mentres que Chambéry quedou como centro administrativo da Savoia occidental. Dos seus edificios cómpre destacar o castelo dos príncipes de Savoia, reconstruído no s XIX, e que conserva a Sainte-Chapelle gótica, e a catedral tamén gótica do s XV. Ten museo de arqueoloxía, de historia e de belas artes.