Chamín, Santa Baia de

Chamín, Santa Baia de

Igrexa parroquial situada en Arteixo. Construída en estilo románico no s XII, ten planta de nave única con cuberta de madeira e ábsida rectangular. No exterior consérvanse elementos propios da decoración románica como os canzorros labrados. Na fachada principal destaca a portada con arquivoltas apuntadas decoradas con dentes de serra e o tímpano cunha cruz con bordos decorados cunha liña en zigzag.