chamizo
chamizo
(< chama)
-
s
m
Partes leñosas dos vexetais que quedan chamuscadas no monte despois dun incendio.
Ex: Antano a xente pobre apañaba chamizos para se quentar.
Sinónimos: cádavo. Confrontacións: tizón. -
s
m
Leña miúda que se emprega para acender o lume.
Ex: Os chamizos está mollados e non hai quen acenda o lume.
Sinónimos: acendalla, chamurra, chamuza. Confrontacións: fronza. -
s
m
Feluxe que se adhire aos obxectos, especialmente á cheminea ou á lareira.
Ex: Metemos polo tiro da cheminea un saco atado nunha cana para lle tirar o chamizo.
Sinónimos: borro, charrizo, sarrio. -
s
m
-
Construción co teito de chamiza.
-
Casa pequena e que non cumpre uns requisitos mínimos de habitabilidade.
-
-
s
m
Persoa sucia ou que ten a pel morena.
Ex: Estivo toda a tarde ó sol e púxose coma un chamizo. O rapaz andou a xogar coa terra e vén coma un chamizo.
-
s
m
Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘árbore’.