charrizo

charrizo
  1. s m

    Substancia negra graxenta que desprende o fume e que se adhire ás paredes e aos obxectos ao seu alcance.

    Ex: Limpei a cheminea que estaba atuída e mancheime de charrizo.

    Sinónimos: borro, chamizo, feluxe, sarrio.
  2. s m

    Substancia que forma unha capa de cotra escura sobre o esmalte dos dentes.

    Ex: Déronme unhas pílulas para o charrizo dos dentes.

    Sinónimos: pedra, sarrio.
  3. s m

    Substancia endurecida que queda como sedimento do viño e doutros líquidos no fondo dos recipientes que os conteñen.

    Ex: Non aproveites o fondo do envase porque está cheo de charrizo.

    Sinónimos: borro, sarrio.