Charro

Charro
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe que trae como armas, en campo de sinople, unha torre de ouro, adestrada dunha estrela de prata e sinistrada dunha caldeira de ouro. Outra variante trae, en campo de ouro, unha árbore de sinople e un oso de sable, deitado ao pé do tronco, ferido no peito e botando pingueiras de sangue.