Chamorro Castro, Xosé Luís
Sindicalista. Emigrado durante a ditadura de Primo de Rivera, ingresou na Federación Obrera Regional Argentina (FORA) e participou nas loitas sindicais portuarias en Arxentina. Trala proclamación da Segunda República en 1931 regresou á Coruña e afiliouse á CNT e á FAI. A partir de 1933, militou nos Grupos de Defensa e cometeu diversos atentados contra as forzas da orde pública e os intereses burgueses. Trala sublevación militar de xullo de 1936, ocultouse na Coruña ata o Nadal, antes de marchar cara a Bilbao, onde foi responsable do Sindicato Nacional del Transporte Marítimo. Á caída de Bilbao, marchou á base naval de Cartagena, onde asumiu o cargo de secretario de Defensa Local e colaborou na fundación da Agrupación de Gallegos Libertarios. Trasladado ao Marrocos francés ao final da guerra, formou parte da Resistencia francesa e colaborou co Comité da CRG-CNT en Toulouse.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Pontevedra -
Deceso
Lugar : Tribomont, Liexa