Champa, Reino de

Champa, Reino de

Imperio situado en Ammán meridional entre os ss II e XIV, habitado polo pobo cham. Dende o s V foi vasalo de China. Baixo a ameaza dos vietnamitas do norte, que saquearon diversas veces Viraya, os chams retiráronse cara ás provincias meridionais e tiveron que combater esta vez contra os piratas xavaneses do Imperio Srivijaya (s IX). No s XII tentaron expandirse cara ao S, pero, malia ocupar Angkor durante certo tempo (1117), o rei khmer Jayavarman VII someteu o Reino de Champa (1203-1230). Os chams loitaron cos vietnamitas contra a invasión mongola (s XIII), pero a división entre eles determinou que a finais do s XIV o reino fora sometido polos vietnamitas e que permanecera como satélite dos vencedores. En 1471 foron ocupadas as últimas provincias, non obstante no s XVII aínda apareceu un rei cham, sen poder efectivo. Da súa arquitectura, destaca o mosteiro budista de Dông-düöng (finais do s IX).