Champmol, cartuxa de
Champmol, cartuxa de
Fundouna cerca de Dijon (Borgoña) Filipe o Atrevido de Borgoña en 1383. Serviu como panteón familiar e foi destruída en gran parte en 1793. Construída por Drouet de Dammartin, realizou a súa decoración Claus Sluter. No Musée des Beaux-Arts de Dijon consérvanse obras procedentes desta cartuxa.