Chandragupta II
Chandragupta II
Emperador indio (375?-414). Foi o terceiro membro da dinastía Gupta. Chegou ao trono despois de asasinar o seu irmán, Ramā Gupta, e casar coa súa muller. Proseguiu a política do seu pai Samudragupta, conquistou o reino Śaka arredor do ano 388 e estableceuse na súa capital, Ujjain. Asegurou o seu imperio mediante alianzas matrimoniais. Alcanzou fama de emperador benévolo e bo administrador, estimado polos seus vasalos. Con frecuencia identificouse co lendario Vikramāditya, unha especie de rei Salomón da India.