Chantada
Chantada
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica. O topónimo Chantada podería ter un significado fitonímico (lugar plantado) ou proceder do sintagma latino *(petra) plantata ‘(pedra) chantada’ coa conseguinte elipse do substantivo. O apelido documéntase no s XIII: “Petrus Chantada” (doc do ano 1202 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol I, 1976, p 383).