Chapaprieta y Torregrosa, Joaquín
Chapaprieta y Torregrosa, Joaquín
Político e financeiro. Elixido deputado polo distrito de Noia co apoio da familia Gasset (1914), foi ministro de Traballo no goberno de García Prieto (1922). Durante o Bienio Negro, na crise do goberno de Lerroux por mor do asunto do estraperlo, Alcalá Zamora encargoulle a formación dun novo goberno no que colaboraron a CEDA, os radicais, os agraristas e a Lliga Catalana. Ademais da presidencia do consello, reservouse a carteira de Finanzas. Foi ministro de Facenda no goberno de Portela Valladares, en febreiro de 1936, e deputado pola Fronte Popular en 1936.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Torrevieja, Alacant -
Deceso
Lugar : Madrid