chaparrada

chaparrada
  1. s f [METEOR]

    Chuvia moi intensa pero de curta duración, que comeza e remata subitamente, acompañada de fortes refachos de vento.

    Ex: Tivemos que coller o autobús porque de camiño caeu unha chaparrada.

    Sinónimos: bátega, bategada, chuvascada, chuvasco, chuvieira. Confrontacións: ballón.
  2. s f

    Lugar poboado de chaparros.

Palabras veciñas

chaparela | chaparena | Chaparo | chaparrada | chaparral | chaparreta | chaparro -rra