chaparela

chaparela
Nome científico: [Diplodus vulgaris, Fam dos espáridos]
s f [ANIMAL/ICT]

Peixe teleósteo da orde dos perciformes. Duns 40 cm de lonxitude, presenta corpo alto e comprimido lateralmente, aletas ventrais negras, e nos lados bandas azuis e douradas. Posúe unha mancha negra moi grande na parte posterior da cabeza, dende a liña dorsal ata o ángulo do opérculo, e outra na base do pedúnculo caudal. É unha especie hermafrodita e omnívora, común no Atlántico tropical ata o Golfo de Bizkaia e no Mediterráneo; vive na zona litoral costeira sobre fondos rochosos e nos portos.