chaptalización

chaptalización

(< antropónimo J. A. Chaptal)

s f [ALIM]

Práctica consistente na adición de azucre ao mosto, co emprego de carbonato cálcico, co fin de enriquecelo e suprimir a súa acidez, para mellorar as características do viño resultante. Está prohibida en España. Inventouna o químico e enólogo francés Jean Antoine Chaptal (1756-1832), autor da obra Arte de facer viño.

Palabras veciñas

chapra | Chapra | chapretas | chaptalización | chapucado -da | chapucar | chapuceiro -ra