chaptalización
chaptalización
(< antropónimo J. A. Chaptal)
s
f
[ALIM]
Práctica consistente na adición de azucre ao mosto, co emprego de carbonato cálcico, co fin de enriquecelo e suprimir a súa acidez, para mellorar as características do viño resultante. Está prohibida en España. Inventouna o químico e enólogo francés Jean Antoine Chaptal (1756-1832), autor da obra Arte de facer viño.