chapuceiro -ra
chapuceiro -ra
(< chapuza)
-
adx
Aplícase ao traballo ou á obra mal feitos.
Ex: Presentou un proxecto tan chapuceiro que non lle concederon a subvención.
-
adx e s
Que ou quen fai chapuzas.
Ex: Ese albanel é un chapuceiro porque non arranxa nada e deixa todo emporcallado.