Charleston
Charleston
Cidade do estado de Carolina do Sur, nos EE UU, situada nunha estreita península, na confluencia dos ríos Ashley e Cooper (80.414 h [1991]). O porto é un dos máis importantes da costa atlántica meridional dos EE UU e abarca unha ampla área de influencia (as dúas Carolinas, Georgia, Kentucky, Tennessee e Alabama). Fundada no 1670 polos ingleses co nome de Charles Town, en 1783 recibiu o nome actual. Foi o centro da resistencia dos estados do Sur durante a Guerra de Secesión.