Charleston

Charleston

Capital do estado de Virginia do Oeste, nos EE UU, na confluencia dos ríos Kanawha e Elk (56.098 h [1996]). É unha cidade esencialmente industrial (construcións navais, industrias metalúrxicas e químicas). Denominada, en principio, Charles Town (1794), desenvolveuse ao redor do Fort Lee, erguido polo coronel Charles Clendenin (1788). Foi capital do estado a partir do 1870, agás no período 1875-1885.