Charpentier, Gustave

Charpentier, Gustave

Compositor francés. Estudiou no conservatorio de Lille, foi discípulo de Massenet en París e fundou o Conservatoire Populaire Mimi Pinson. As súas obras máis importantes son a suite orquestral Impressions d’Italie (Impresións de Italia, 1890) e as óperas Louise (1900) e Julien (1913). Recibiu o Premio de Roma en 1887 pola cantata Didon.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Dieuze, Lorena

  • Deceso

    Lugar : París