Chateau-Renault, conde de

Chateau-Renault, conde de

Mariño francés. Almirante da escuadra de guerra francesa que acompañaba a flota española de Indias. Durante unha destas viaxes e ante a ameaza das escuadras de guerra anglo-holandesas, propuxo que a flota española se dirixise aos portos franceses de Brest ou La Rochelle; sen embargo, atopouse coa negativa do xeneral Velasco quen preferiu atracar en Vigo. Para algúns historiadores, sobre todo ingleses, a desaparición da prata dos galeóns afundidos trala Batalla de Rande debeuse aos roubos realizados por este conde.