Châteaubriand, François René de

Châteaubriand, François René de

Escritor, vizconde de Chateaubriand. Foi o creador da escola romántica francesa e un dos máis destacados divulgadores do romanticismo en Europa. Entre 1786 e 1791 foi oficial do exército e opúxose á Revolución Francesa; en 1791 viaxou a Norteamérica coa intención de descubrir o paso NO (do Atlántico aos mares polares). Regresou a Europa e en 1792 ingresou no exército realista; un ano máis tarde marchou a Inglaterra. Ao seu regreso, exerceu como ministro de Asuntos Exteriores coa restauración borbónica (1823). Colaborou co Journal des Débats, no que escribiu diversos artigos sobre a liberdade de prensa e contra a censura. Publicou Essai sur les Révolutions (Ensaio sobre as revolucións, 1797). A morte da súa nai (1798) provocou nel unha volta á fe católica e en 1800 volveu a París. Escribiu Atala (1801) e Des beautés poétiques et morales de la religion chrétienne (Sobre as belezas poéticas e morais da relixión cristiá), primeiro esbozo de Génie du christianisme (O xenio do cristianismo, 1802). Foi nomeado secretario da embaixada de Roma de Bonaparte (1803) pero dimitiu do cargo. Viaxou por Grecia, Palestina, Exipto e España, e publicou Les martyrs (Os mártires, 1809), Itinéraire de Paris à Jérusalem (Itinerario de París a Xerusalén, 1811) e Les aventures du dernier abencérage (As aventuras do último abencerraxe, 1826). Coa Restauración, foi embaixador e ministro de Asuntos Exteriores. Retirouse da política en 1830. Postumamente se publicou Mémoires d’outre-tombe (Memorias de ultratumba).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Saint

  • Deceso

    Lugar : Malo, Bretaña

  • Deceso

    Lugar : París