Chaterenne, Nicolás
Chaterenne, Nicolás
Escultor francés. Activo en Portugal entre 1517 e 1551, foi un dos introdutores da estética renacentista neste país. Traballou nos sepulcros ecuestres de Afonso I e Sancho I, situados na capela maior da igrexa de Santa Cruz de Coimbra, e na decoración escultórica da capela do Hospital Real de Santiago de Compostela. Realizou as esculturas de Manuel e da Raíña María do pórtico do mosteiro dos Jerónimos (1517), o retablo de alabastro da igrexa da Peña (Sintra, 1532) e os sepulcros de don Álvaro da Costa (1535) e do bispo don Afonso de Portugal (1537). A súa obra marcou a introdución do clasicismo na estatuaria portuguesa do s XVI, sobre todo no que respecta aos modelos de escultura funeraria.