Chatham

Chatham

Cidade do condado de Kent, Inglaterra (61.909 h [1981]), situada na beira dereita do estuario do río Medway, fronte a Rochester. A súa importancia deriva do porto que conta cunha serie de estaleiros nos que se fabrican submarinos e barcos militares. As primeiras instalacións portuarias realizáronse en tempos de Enrique VIII e, posteriormente, converteuse na principal base naval inglesa.