Chauchina
Chauchina
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado ao O da cidade de Granada, drenado polo río Genil (3.969 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura (cereais, tabaco, cáñamo, liño) e na gandería lanar e caprina. Na industria destacan as pequenas fábricas de cerámica.