Chaves González, Manuel
Avogado e político. Iniciou a súa carreira política en 1968. Foi membro da executiva confederal da UGT (1976-1986), da comisión executiva federal do PSOE (1981), secretario xeral do PSOE de Andalucía (1994) e deputado socialista por Cádiz entre 1977 e 1990. Exerceu como ministro de Traballo e Seguridade Social (1986-1990) e impulsou, entre outros, o proxecto da Carta Europea dos Dereitos Sociais Fundamentais dos Traballadores e favoreceu a aprobación da Reforma da Financiación da Seguridade Social e a Lei de Prestacións non Contributivas. Dende o 27 de xullo de 1990 é presidente da Junta de Andalucía, cargo no que foi reelixido en 1994 e 1998. Tamén en 1990 foi nomeado vicepresidente da Asemblea de Rexións de Europa, na que preside a Comisión III, encargada das relacións Norte-Sur.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ceuta