Chavigner, Louis

Chavigner, Louis

Escultor francés. Na súa formación mesturou a base teórica recollida na École de Beaux Arts de París, da que foi profesor, e a súa actividade como restaurador do Musée du Louvre. A súa primeira exposición individual (1958) revelou un traballo marcado pola carga material e a evocación de formas humanas ou de animais. A súa obra evolucionou cara a un expresionismo paralelo á obra de Giacometti, ao tempo que empregou materiais diversos como resinas, aluminio, aceiro e, sobre todo, bronce. Entre as súas obras destacan Le prophète (O profeta, 1963) e Maison du berger (A casa do pastor, 1965).

Cronología

  • Deceso

    Lugar : Clermont

  • Nacemento

    Lugar : Montboudif

  • Deceso

    Lugar : Ferrand