Chelva
Chelva
Municipio da Comunitat Valenciana (2.211 h [1996]), drenado polo río Turia e polo seu afluente o Tuéjar. Forma un val nos contrafortes da serra de Javalambre. A súa economía baséase na agricultura (cereais, patacas e oliveiras) e na gandería (lanar e caprina). No seu termo localizáronse restos dun acueduto romano.