Dinastía imperial chinesa, unha das que dominou o sur da China na época da primeira división do imperio (557-589). Fundouna o xeneral Chen Baxian e dominou o val inferior do Iang-tsé.