Cherburgo
Cherburgo
Cidade do departamento de Manche, na Baixa Normandía, Francia (90.000 h [1999]). Trátase dun centro portuario, no que destaca o comercio, o porto militar e o porto deportivo, un dos máis visitados de Francia. A industria é outro sector salientable da economía, onde a construción naval, os equipos electrónicos e a elaboración de alimentos, son as actividades principais. Durante a Idade Media disputárona ingleses e franceses. Foi ocupada por Alemaña na Segunda Guerra Mundial. Do seu patrimonio destacan a abadía de Voeu (s XII), o château des Ravalet (1562-1575), a igrexa de Notre-Dame du Voeu (s XIX) e o monumento aos mortos do Surcouf (1951).