Chéreau, Patrice
Director teatral francés. Comezou a súa actividade profesional logo de gañar un concurso para directores novos co espectáculo Les soldats (Os soldados, 1967). Despois dunha breve estancia no Picolo Teatro de Milán, uniuse á dirección do TNP de Villeurbanne, onde realizou un considerable número de espectáculos, algúns a partir de textos de autores como Henrik Ibsen, Richard Wagner ou Pierre Marivaux. Estes traballos destacan pola brillantez da posta en escena, polo traballo do elenco e pola novidosa lectura de textos doutras épocas. En 1982 foi nomeado director do Teatro dos Amandiers de Nanterre e colaborou co dramaturgo novo Bernard-Marie Koltès, na realización dos espectáculos Combate de negro e can (1983), Quai Ouest (Peirao oeste, 1986), Na soidade dos campos de algodón (1987) e Le Retour au désert (Retorno ao deserto, 1988). Posteriormente, realizou traballos a partir de obras de Jean Genet (Les Paravents, 1987), Čekhov (Platonov, 1987) ou Shakespeare (Hamlet, 1988).
Cronología
-
Nacemento