Cherubini, Luigi
Cherubini, Luigi
Compositor. Realizou estudios musicais con Sarti en Milán e Boloña (1778-1780). En 1786 instalouse en París, onde foi director de ópera italiana entre 1789 e 1790, e director do Institut National de Musique. Converteu a opéra comique, case reducida ao anecdótico, en instrumento para a descrición de caracteres. Da súa produción, caracterizada polo dominio do contrapunto e pola sonoridade orquestral, destacan as óperas Lodoïska (1791), Médée (1797) e Faniska (1806). Compuxo ademais a peza vogal Réquiem en do menor (1816), misas, cantatas e obras para cámara. Escribiu Cours de contrepoint et de fugue (Curso de contrapunto e fuga, 1835).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Florencia -
Deceso
Lugar : París