cheviot*

cheviot*
  1. adx e s m [GAN]

    Raza ovina de orixe británica que se cría na aliñación montañesa que serve de límite entre Inglaterra e Escocia, coñecida como Cheviot Hills. Esta raza de ovella non ten cornos, a súa la é moi fina e a súa carne moi saborosa.

  2. s m [TÉXT]
    1. La moi branca, longa e brillante, procedente das ovellas de raza cheviot.

    2. Tecido feito con fíos de la cheviot, fiados polo procedemento de la cardada e tinguidos de cores suaves.

Palabras veciñas

Chévere | cheville* | Cheviot Hills | cheviot* | Chevrolet Motor Company | chevron* | chewa