cheviot*
cheviot*
-
adx e s
m
[GAN]
Raza ovina de orixe británica que se cría na aliñación montañesa que serve de límite entre Inglaterra e Escocia, coñecida como Cheviot Hills. Esta raza de ovella non ten cornos, a súa la é moi fina e a súa carne moi saborosa.
-
s
m
[TÉXT]
-
La moi branca, longa e brillante, procedente das ovellas de raza cheviot.
-
Tecido feito con fíos de la cheviot, fiados polo procedemento de la cardada e tinguidos de cores suaves.
-