cheville*

cheville*
s f [LIT]

Termo empregado na métrica francesa dos ss XVII e XVIII que designa a palabra ou grupo de palabras sen relevancia semántica que se engaden no interior ou ao final dun verso para axustalo aos versos restantes da composición.