Chiaveri, Gaetano

Chiaveri, Gaetano

Arquitecto. Traballou fundamentalmente no N de Europa. Realizou a igrexa católica da Hofkirche en Dresde (1738) e os proxectos dunha das fachadas do palacio real de Varsovia (1740). En 1746 foi nomeado membro da Accademia de San Luca. Publicou un libro de gravados titulado Ornamenti diversi di porte e finestre (Diversos adornos de portas e ventás, 1743-1744) e publicou os folletos Plans, profils et façade de la nouvelle Eglise catholique à Dresde (Planos, seccións e fachada da nova igrexa católica de Dresde, 1740) e Sentimento sopra la pretesa riparazione nella cupola di San Pietro (Sentimento sobre a pretendida reparación da cúpula de San Pedro, 1742).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Roma

  • Deceso

    Lugar : Foligno