Chihuahua
Chihuahua
Capital do estado homónimo, México, situada na área de contacto entre a Sierra Madre e as rexións de Los Llanos de los Gigantes, ao SL, e a de Casas Grandes, ao NO, na beira dereita do río Chuviscar (627.662 h [1995]). A cidade é un centro de servicios para a rexión, na que a minería constitúe o principal recurso. Ten tamén industria téxtil, talleres ferroviarios e fábricas de cemento.