Chihuahua

Chihuahua

Estado federal de México, no NO do país (244.938 km2; 2.793.537 h [1995]). A súa capital é Chihuahua (627.662 h [1995]). O sector servicios dá emprego a maior parte da poboación, principalmente o comercio. A industria é escasa e a agricultura ocupa a un 20% da poboación. Antiga colonia española dende 1709, ano no que se fundou San Francisco Cuéllar que posteriormente pasou a chamarse San Felipe el Real de Chihuahua.