Chilam-Balam

Chilam-Balam

Nome co que son coñecidos os libros escritos en lingua maia, empregando o alfabeto latino, en Yucatán, durante os séculos XVI e XVII. Compilados polos sacerdotes, levan o nome da cidade onde foron redactados. Adoitan ser crónicas conservadas moi fragmentariamente.