Chiloé
Chiloé
Illa de Chile, no litoral da rexión de Los Lagos (8.300 km2. A súa poboación concéntrase na cidade de Ancud (38.374 h [1992]). As principais actividades económicas son as agropecuarias. Descubriuna García Hurtado de Mendoza en 1558. Durante os ss XVII e XVIII dependeu do virreinado do Perú e posteriormente da capitanía Xeral de Chile. Foi un dos últimos redutos realistas en caer en mans dos independentistas (1826).