Chinchón

Chinchón

Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid (3.849 h [1996]). Carlos I converteu o señorío de Chinchón en condado. Durante a Guerra de Sucesión, Filipe V foi proclamado rei na súa praza maior (1706). Do seu patrimonio cultural cómpre salientar a praza maior con casas do s XV nas que destacan os balcóns ou claros, a igrexa de Nuestra Señora de la Asunción, orixinaria do s XVI pero reconstruída trala Guerra da Independencia en 1838, o castelo dos Condes, o Teatro Lope de Vega, construído no antigo palacio dos Condes, e o convento de San Agustín. O conxunto histórico da cidade foi declarado Ben de Interese Cultural en 1974.