chinchona
chinchona
(
-
s
f
[PLANTA]
Árbore ou arbusto do xénero Cinchona, da familia das rubiáceas. Natural dos Andes, presenta follas enteiras, opostas ou verticiladas, penninervias, lustrosas e caducas, e flores brancas, córneas ou purpurinas, agrupadas en dicasios, que ao mesmo tempo están reunidos en panículas terminais ou axilares. A cortiza das chinchonas, coñecida co nome de quina, contén alcaloides.
-
alcaloides de chinchona
[QUÍM]
Grupo duns 35 alcaloides que se localizan na chinchona. Os máis importantes son a quinina, a cinconina, a súa forma estereoisomérica, a cinconidina e a cinconamina. Moitos se empregaron como antipalúdicos.