Chioglossa

Chioglossa
[ANIMAL]

Xénero de anfibios da familia dos salamándridos. Está constituído por unha única especie C. lusitanica, denominada comunmente como salamántiga ou píntega rabilonga. Constitúe unha especie endémica do noroeste da Península Ibérica; aparece en regatos limpos e osixenados de Galicia, os dous tercios setentrionais de Asturias e a metade norte de Portugal.

Palabras veciñas

chío | Chiodi, Buono Giuseppe | Chioggia | Chioglossa | chiola | chiolada | chión -na