Chipiona
Chipiona
Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, na beira do Océano Atlántico, na rexión de Las Marismas (15.518 h [1996]). Centro agrícola (hortalizas e árbores froiteiras) e turístico. Na cidade de Chipiona destacan a igrexa de Nuestra Señora de la O, s XVI, o mosteiro de Regla, s XIV, e un faro romano.