Cholula de Rivadabia
Cholula de Rivadabia
Cidade do estado de Puebla, México, ao L do volcán Popocatépetl (26.625 h). A economía baséase na agricultura (millo e trigo) e na gandería. Da época precolombina quedan as ruínas dunha pirámide monumental (62 m), actualmente convertida nun outeiro artificial onde se sitúa a igrexa de Los Remedios (s XIX). Probablemente coroaba un templo en Quetzalcoatl, destruído en 1519 por Hernán Cortés durante a acción de Cholula, na que tivo lugar unha cruel matanza de indíxenas. Destaca tamén a cerámica, polícroma e pulimentada, e a ourivería. Da época colonial consérvanse numerosas igrexas, entre as que sobresaen o mosteiro de San Gabriel coa Capilla Real que posúe pequenas cúpulas, San Pedrito Colomoxco e a cercana San Francisco Acatepec.