Chondria
Chondria
[PROTISTA]
Xénero de algas vermellas de talo enleado. Nas costas galegas están presentes as especies: C. coerulescens, de ata 4 cm de alto, que forma matas, de forte iridiscencia azulada, sobre rochas máis ou menos planas do litoral medio e inferior; e C. dasyphylla, de ata 20 cm de alto, con divisións do talo estreitas na base e romas no ápice, propia das fochancas do litoral inferior.