Chondrus

Chondrus
[PROTISTA]

Xénero de algas vermellas de talo palmeado, con máis de 10 mm de largo na base da ramificación, que acada os 15 cm de lonxitude. Ten consistencia xelatinosa e cor vermella escura con certa iridiscencia. A especie C. cripus está presente no litoral inferior e no infralitoral da costa atlántica. Emprégase na industria farmacéutica e alimentaria.

Palabras veciñas

Chondria | Chondrilla | Chondrostoma | Chondrus | Chongging | Chŏnju | Chonos