chopper*

chopper*
  1. s m [ARQUEOL]

    Útil lítico realizado sobre coio que mostra sinais de tallado por unha única cara (producidas por unha ou varias extraccións), unha aresta cortante na parte distal e conserva unha ampla superficie corticada. Aínda que tradicionalmente se considerou que pertencía aos estadios menos evolucionados da cultura humana (a pebble culture), posteriormente se atoparon en xacementos pospaleolíticos (calcolíticos, castrexos, etc).

  2. s m [TECNOL]

    Convertedor elástico de corrente continua en corrente alterna. Tamén se denomina ondulador.

Palabras veciñas

3 chopo | 4 chopo | chopped* | chopper* | chopping-tool* | choque | choqueirada